Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 20 de Xuño de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Ana quere ir a clases de pilates


Unha deportista de Fene que cumpreu as súas expectativas. Perlío, 27 de outubro do 2017

Ana quere ir a clases de pilates pero non sabe ben en que consiste esta especialidade. Unha amiga díxolle que era moi boa para a dór de costas e que lle ia ir ben. Segundo o psicólogo José Barcia, antes de iniciar unha actividade como o pilates –prima a mobilidade e o control postural- é importante informarse sobre os contidos das clases e reflexionar sobre os nosos desexos á hora de inscribirse.

Deportes15/11/2017Autor: Redacción

Será así máis doado cumprir as expectativas e dificultaremos o abandono precipitado das clases.

As expectativas no caso do Deportivo

As expectativas xeneradas tamén influen nos resultados nos deportes de alto rendemento. Ansiedade, presión, falta de motivación, desubicación, ausencia de traballo emocional... Que pode por exemplo levar a un equipo profesional de fútbol como o Deportivo da Coruña a sumar só 3 vitorias nos seus últimos 35 encontros como visitantes? Varios profesionais do deporte e a psicoloxía analizan os motivos que poden conducir a esta situación e como combatela tendencia. A psicóloga do deporte Patricia Díaz Tendero salienta a importancia que ten «o apoio do público á hora de que o futbolista senta protexido. Fóra de casa percibe como una certa ameaza que, segundo algúns estudos, vese agravada moitas veces pola parcialidade das actuacións arbitrais cara aos equipos visitantes». Nesta liña entende que o «sentimento de territorialidade» pode influír tamén para que o conxunto que xoga en casa dea un pouco máis de si para manter a hexemonía na súa terra.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros