Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A guerra das mulleres de 1918


Perlio antes da construción de Astano e San Valentín

As mulleres de Barallobre, Maniños e Perlío pararon o tren a Ferrol en marzo de 1918. Como parte das denominadas "revoltas da fame" asaltan un ferrocarril que levaba trigo e leite entre outros produtos de primeira necesidade. Os acaparadores non respetaban os prezos oficiais marcados e vendían para facer negocio. Iso provoca a indignación cidadán nuns sucesos que rematan, ao menos, con sete mortos e coa declaración do estado de guerra.

Sociedade24/11/2017Autor: Redacción

“A carestía da vida, a escasez de alimentos provocada pola Primeira Guerra Mundial e a actitude dalgúns acaparadores que pretenden almacenar produtos de primeira necesidade para vender logo a mellores prezos”. Esas son as causas do movemento de protesta xenerado en Ferrol, Narón e Fene en marzo de 1918. Xuntase con iso, unha distribución arbitraria dos impostos. Anxel Rial, xunto con Lidia Romero e Eliseo Fernández falou onte na Liga de Amigos de Barallobre daqueles sucesos.
O goberno respondeu coa violencia e coa represión diante dun movemento liderado polas mulleres da comarca. Juan Torres e Valentín Dapena morreron en Ferrol. Josefa Noval e Rosa Tenreiro caen feridas de bala nunha das primeiras protestas. Maria González, Francisco Delgado, Manuel Romero e Valentín Muiño faleceron o dia 13 na Feira do Trece en Sedes. O 20 de marzo decretouse o estado de guerra en Ferrol, Narón, Neda e Fene.  A prensa da época refírese ao acaecido en Fene como os “sucesos de Maniños” cando en realidade aconteceron na estación de Barallobre. Ten unha explicación: O proxecto do trazado do tren inicial chegaba a Ares e contemplaba a instalación dunha estación en Franza e outra en Maniños. O percorrido da vía modificouse pero a denominación das estacións previstas mantívose. A estación de Franza quedou ubicada en San Xoan de Piñeiro e a de Maniños en Barallobre. Unha orde de xullo de 1919 cambiou o nome da instalación e a denominada “estación de Maniños” pasou a chamarse “estación de Barallobre”.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros