Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

37 anos sen Lennon


Extrema urxencia

Acordes pola Paz organiza un concerto solidario para conmemorar o 37º cabodano de John Lennon. Terá lugar ou venres 1 de decembro ás 22h en sala Baba Bar de A Coruña. A recadación obtida a través da venda das entradas, que custan 5€, será destinada á ONG Ecodesarrollo Gaia. Actuarán os grupos locais Bule Bule Band, César Morán e Extrema Urxencia, todos eles comprometidos coa xustiza social. Os tres grupos interpretarán, entre as súas cancións, unha peza dedicada ao ex-compoñente dos Beatles. Acordes pola Paz leva anos organizando a xa tradicional celebración do cabodano de Lennon, rendendo homenaxe a esta importante figura no mundo da música, coñecido activista social e defensor dos dereitos humanos e a paz, e colaborando á súa vez con algunha ONG que traballe a favor da xustiza e a equidade social.

Sociedade29/11/2017Autor: Redacción

Neste caso, do mesmo xeito que o tres anos anteriores, a beneficiaria da recadación íntegra obtida neste concerto será Ecodesarrollo Gaia, unha organización non lucrativa que traballa con inmigrantes na cidade da Coruña e que desenvolve proxectos de cooperación na localidade senegalesa de Yoff.

Ecodesarrollo Gaia é unha organización sen ánimo de lucro para o desenvolvemento sustentable nada en 1992, e que debe o seu nome á acepción da palabra grega "Nai Terra". Esta ONG eríxese como organización ponte entre dous grupos humanos: a cidadanía inmigrante e a poboación de acollida. Neste marco, Ecodesarrollo Gaia axuda á xente inmigrante durante o seu proceso de integración na nova contorna, do mesmo xeito que leva a cabo proxectos de cooperación na localidade senegalesa de Yoff, como a posta en marcha da Escola Coruña ou o proxecto sanitario Coruña Cura. Trátase dunha ONG de codesarrollo e cooperación internacional integrada maioritariamente por voluntarios e cuxos servizos son gratuítos na súa totalidade.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros