Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Erotismo no xardín


Allariz: Xurado do Festival Internacional de Xardíns

O xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz reuniuse, esta mañá, para seleccionar os 10 xardíns que formarán parte da novena edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz adicado ao Erotismo no Xardín. O xurado, presidido polo prestixioso paisaxista portugués, Francisco Caldeira Cabral, e composto por Bernardo Varela, Concelleiro de Medio Ambiente, Celestino Feijóo, director técnico do FIXA e os paisaxistas Elsa Severino, Guillermo Cuadrado  (Presidente da Asociación Española de Paisajismo), Teresa Vicente Franqueira e Zoa Martínez da Asociación de Graduados en Paisaxismo xunto con Ignaico Somovilla, do sector do turismo e formalismo (BOmarzo – Garden Tours) elixiu , esta mañá, 10 xardíns efémeros que ocuparán o recinto de maio a outubro de 2018.

Sociedade12/12/2017Autor: Redacción

Foron elixidos de entre 42 propostas chegadas dende siferentes lugares da xeografía mundial como Italia, Austria, Portugal ou México e destacando países pioneiros no FIXa, como Perú ou Japón.

O recinto está formado por 12 xardíns. Unha das parcelas estará ocupada polo gañador da pasada edición “La Memoria Olvidada” do italiano Antonio del Buono e outra pola proposta didáctica que elaborará o Colexio Padre Feijóo de Allariz . Todos eles poderán ser visitados dende o día 12 de maio, día previsto para a inauguración, ata finais de outubro do 2018.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros