Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O decano dos comiqueiros galegos


Radio Fene: Pitusa Arias, Xaquín Marín, Esther Val e Henrique Sanfiz

“Publicarei un novo libro a finais de xaneiro con Galaxia e outro para o ano que ven con Embora” afirma Xaquín Marín que xa publicou trinta e tres volumes. “É o decano dos comiqueiros galegos. Unha figura indispensable para entender a historia da nosa historieta”. Fausto Isorna fala así de Xaquín Marín no prólogo do libro Tonecho, fermosa banda deseñada publicada pola Editorial Galaxia, cunha recompilación das historietas que viron a luz no seu día na revista Golfiño, unha publicación que tivo varias etapas, pero en todas elas apareceu na contraportada o persoaxe de Marín, un neno urbano, ecoloxista, afeizoado ao Deportivo da Coruña e moi amante do seu can Palleiro.

Cultura14/12/2017Autor: Redacción

“Teño un especial agarimo por Gaspariño, xa que foi o primeiro persoaxe e foi relativamente coñecido. Era un neno de aldea con tirantes e pucha que veu a luz en El Ideal Gallego. Logo saiu en libro e na revista Retranca, que editaba Kiko da Silva” salienta Xaquín Marín.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros