Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Ao ano andar, e aos dous falar


Fene: Pakolas no club de lectura

Para a rapazada que cumpre dous anos e cóstalle enguedellar as primeiras frases, os logopedas recomendan o uso da música. O Colexio Profesional de Logopedas de Galicia colaborou con Pakolas, un libro-cd para que a música nos axude a medrar en todos os sentidos.

Sociedade28/12/2017Autor: Redacción

Rock, rock e rock para a rapazada. Con esa proposta Paco Cerdeira, Pakolas presenta o seu libro disco no que conta historias de animais. Defínese como rockeiro e guitarreiro, creando música para todos os públicos, dende os mais miúdos ata familias ao completo, “música para todos e todas e letras axeitadas para a rapazada”. Paco Cerdeira, ou Pakolas, nome co que se presenta ante o público infantil e que da título a este novo libro-disco, é músico e compositor, cunha longa traxectoria neste eido profesional, sumando mais de 13 anos en diferentes grupos infantís. Despois da edición de “A Gramola Gominola” e de moitos dos temas de “Cancións para Desafinar”, ambos libro-CDs da banda infantil que el mesmo funda, lánzase á aventura en solitario.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros