Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O emprego dos eólicos


Navantia Fene. Jackets para o East Anglia Once

Martín Saavedra, veciño de Barallobre, morreu en 1816. Foi xornaleiro nos arsenais de Ferrol, sen outros bens, máis que un curto xornal, pagado tarde e mal. O crego afirmaba daquela que os Arsenais se achan arruinados e abandonados. Os comentarios sacerdotas ilustrannos en torno á dependencia de Barallobre das fluctuacións da construción naval. Afortunadamente, a carteira de pedidos dos estaleiros na actualidade presenta algúns traballos, ainda que insuficientes para a criación de emprego significativa na comarca.

Sociedade04/01/2018Autor: Redacción

Na antiga Bazán construese un buque de acción marítima para a Armada española. O verán pasado iniciouse a fabricación do primeiro dos buques de aprovisionamento encargados por Australia. O segundo comezará en marzo do vindeiro ano.
A antiga Astano prouce as primeiras torretas do encargo de 42 con destino ao parque East Anglia One de Iberdrola no Reino Unido. Teñen tres patas e sesenta e cinco metros de altura. Nesta factoria tamén se fabrican módulos para os petroleiros da navieira Ondimar.
Navantia participa en todas as ofertas no mercado en eólica mariña, tanto no sector da eólica fixa (jackets) como flotante. Na fixa as oportunidades están en Inglaterra, Francia e Alemaña. A medio prazo hai gran cantidade de proxectos no mercado, nos cales Navantia está a traballar desde as primeiras etapas cos clientes. A jacket, cimentación fixa no fondo mariño dos aeroxeradores,  é un dos elementos máis complexos e delicados desta obra xigantesca. Execútase integramente en Navantia Fene. A obra eólica de Navantia Fene emprega xa a setecentos traballadores. O estaleiro ten listas sete jackets para Iberdrola e fabrica o resto ao ritmo dunha por semana. A empresa eléctrica conta xa con luz verde para desenvolver unha nova fase da citada instalación.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros