Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O diálogo é fácil entre a oposición


César Castro

Somos Fene agarda unha pronta reanudación do pleno de presentación da moción de censura ao alcalde, unha vez que a corporación de Fene aprobou en pleno ordinario a semana pasada o recoñecemento dos dereitos dos concelleiros de Somos Fene. A pesar do voto contrario de BNG e EU, a moción presentada polos dous membros de Somos Fene prosperou co apoio do PP e PSOE. Así pois, cuns dereitos  recoñecidos "politicamente" segundo recalca César Castro, xa non hai impedimento para que se reanude o pleno suspendido o 26 de outubro pola mesa de idade.

Sociedade12/01/2018Autor: Redacción

Castro refírese ao goberno formado por BNG e EU como o "goberno interino" mentres non se convoque ese pleno que, segundo as súas previsións debe ocurrir en cuestión de días. O edil de Somos Fene declarou que o diálogo entre as tres forzas políticas da oposición actual, Somos, PSOE e PP, é máis natural e máis fácil que co BNG cando estaban cogobernando con eles.

A xestión da auga.

No espacio As Foxas de Radio Fene, Castro aludíu á xestión da auga como un dos principais cometidos municipais neste momento. A finais deste ano conclúe o contrato de Fene coa empresa Viaqua, encargada da xestión da auga, e Somos Fene apoiou a creación da Comisión para a xestión deste servizo que de momento non se reuníu. César Castro recalca que o tempo apremia se se quere cambiar o modelo de xestión. Para Somos Fene o obxectivo final sería a remunicipalización do servizo. Criticou o edil de Somos Fene a "carestía deste servizo para as arcas municipais e as grandes vantaxes económicas que reporta á empresa privada" por non citar as deficiencias. Nese sentido, Castro lembrou as protestas veciñais de Magalofes onde se deixou sentir a finais de ano as consecuencias do cambio climático coa seca do pozos. A falla de auga da traída a esta parroquia e parte alta de Sillobre, dixo, é unha carencia que se foi deixando pasar dende hai anos e que agora hai que atallar porque "o cambio climático veu para quedarse", sentencióu.


César Castro
Somos Fene
Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros