Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O aeroporto de Santiago rexistra a súa mellor marca


Aeroporto de Labacolla

O Aeroporto de Santiago rexistra a súa marca histórica en tráfico de pasaxeiros. Máis de 2.644.000 de persoas usaron as súas instalacións, operaron 21.520 aeronaves e movéronse máis de 2.693 toneladas de mercadorías. Iso supón, segundo os datos oficiais de Aena, un  5,3% máis que en 2016, o que o converte nun ano marca na historia do aeroporto. Do total de pasaxeiros comerciais (2.639.920), 2.012.440 realizaron voos nacionais -un 2,4% máis que en 2016- e 627.480 internacionais, un 15,7% máis.

Sociedade12/01/2018Autor: Redacción

En canto ás operacións, en Lavacolla rexistráronse 21.520 voos en 2017, un 1,1% máis que no ano anterior. Destes, 19.779 foron voos comerciais (un 1,6% máis), correspondendo 14.991 a voos nacionais e 4.788 a internacionais. Ademais, a terminal de carga manexou durante o pasado ano máis de 2.693 toneladas de mercadoría, o que supón un aumento do 17,3% neste tipo de tráfico.

Con 4.851.762 de pasaxeiros, o tráfico dos tres aeroportos galegos en 2017 bate a marca histórica rexistrada en 2007. Durante o último mes do ano 2017, 200.982 persoas elixiron o aeroporto de Santiago para realizar as súas viaxes en avión, un 15,2% máis que en decembro de 2016. En total, rexistráronse 1.596 voos e movéronse 235 toneladas de mercadorías pola terminal de carga, no último mes do ano.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros