Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 25 de Maio de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Paula Carballeira na I Gala dos Medios en Galego


A Coruña: Paula Carballeira na presentación dun libro

A Liga de Amigos de Barallobre en Fene acollerá o sabado 3 de febreiro a I Gala dos Medios en Galego dende as 12 do mediodía. A actriz e contacontos Paula Carballeira será unha das participantes. A gala abrirá os actos do Dia dos Medios en Galego, unha xornada que quere poñer en valor aos medios de comunicación que utilizan o noso idioma. Tamén se conmemora o nacemento da primeira publicación en língua galega, "O tío Marcos da Portela", que en 1876 que soupo conectar coas preocupacións da xente humilde.

Sociedade01/02/2018Autor: Redacción

A I Gala faise en Fene a onde acudirán representantes dos medios que se expresan en galego, o secretario xeral da Política Lingüística da Xunta de Galicia Valentín García, e portavoces dos partidos políticos do Parlamento Galego (Ana Pontón, Luís Villares, Xaquín Fernandez Leiceaga e Miguel Tellado). Tamén participarán representantes de institucións como a Fundación Rosalía de Castro, Fundación Otero Pedrayo, Mesa pola Normalización Linguística, Facultade de Xornalismo de Santiago, e o concello de Fene.

Entre as diferentes intervencións está prevista a actuación musical de Uxía Sanmartín, os poemas do colectivo literario Moraima e os contos de Paula Carballeira. Ás 13,30h os convidados trasladaranse ao Monumento ao Camiñante Descoñecido, inaugurado por Ramón Otero Pedrayo en 1934, onde se realizará unha ofrenda floral en homenaxe á língua galega. A xornada rematará ás duas da tarde co Banquete de Barallobre, emulando o Banquete de Conxo que foi a primeira toma de conciencia pública dos problemas de Galicia en 1856. O xantar será a caron do monumento, en Vichelocrego. Despois da comida, faranse os brindes pola lingua galega e actuará o Tradicoro da banda de gaitas Airiños de Fene. A Asociación de Medios en Galego organiza a xornada.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros