Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 15 de Agosto de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A correr


Cartaz da carreira

O contorno do piñeiral da Madalena de Cabanas é o escenario elixido pola Federación Galega de Atletismo para albergar a XXXII edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Máster. Unha cita na que tomarán parte atletas de 35 anos en adiante, sen límite, e que se celebrará este sábado, 10 de febreiro, pola tarde. Este evento deportivo está organizado pola Federación Galega de Atletismo e nel colabora activamente o Concello, a través da Concellería de Deportes, e a Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil.

Sociedade08/02/2018Autor: Redacción

O campeonato comezará ás 16 horas coa proba popular para homes e mulleres, que terán que cubrir un percorrido de 4.500 metros. Media hora despois, ás 16,30 horas, darase a saída para as categorías Veteráns M45 en adiante (homes) cun itinerario de 5.500 metros. Ás 17,05 horas será o turno da categoría Veteranas 35 en adiante (mulleres), coa mesma distancia. E, ás 17,35 horas, darase a saída para os Veteráns M35 e M40 (homes), cunha distancia a cubrir de 7.000 metros.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros