Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 15 de Agosto de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Freixós, mascaritas e comparsas


Marela Ven

Un total de 15 comparsas participarán no gran festival de Ferrol que se vai celebrar o luns 12  desde as 19:30 horas na praza de Amboaxe, baixo carpa, para esquivar o frío e a choiva. Repartiranse 7.000 freixós feitos en vivo nunha das filloeiras mais grandes de Galicia. E logo do festival, verbena nocturna na praza como remate dun día de xolda que arranca ás 18:00 horas, co tradicional desfile desde a praza de España, percorrendo todo o centro da Magdalena con música, disfraces ocorrentes e diversión. Cada ano Ferrol trata de incorporar novos aspectos polo que neste 2018 haberá tres escenarios: A Magdalena, Catabois e Ultramar”.

Sociedade09/02/2018Autor: Redacción

Unha das grades novidades desta edición é o Sábado de Mascaritas, mañá dia 10 na Estrada de Catabois desde as 18:00 horas coa presentación de 'Echito', o trasno do Entroido ferrolá que iniciará as súas trasnadas coa caída do sol nun dos primeiros establecementos hostaleiros da Estrada de Catabois, os mais próximos a estación de servizo, para ir avanzando pola vía achegándose a Porta de Neira.

O Martes 13 de Entroido será festivo local, un ano mais, por acordo plenario. Ese día terá lugar, na Praza de Amboaxe, o Festival infantil que principia as 17:00 horas.

A recta final do Entroido 2018 farase, como sempre, no barrio de Ultramar o venres 16. A festa volverá a ter os nenos como protagonistas nesta xornada co Festival Infantil de Ultramar ás 17 , o pasarrúas (20:15)  e festival de comparsas na Praza e queima da sardiña a partires das 21:00 horas e animación musical nocturna e baixo carpa.

As comparsas participantes no desfile son:

As Xoaniñas de Chao (Narón), Os Trastos (Valdoviño), Vide Vindo (Narón),Troupele Troupele (Narón),Colexio Belén (Ferrol),Os Argalleiros (Narón), Entroideiros do Colexio de Pazos, A.A. A Canteira (NEDA), Semente Trasancos (Narón), Os Colludos (Narón), Os Parrandolos (Narón),OJE (Ferrol), OS SCRATCHADOS (FENE), A Revolta (Ferrol), Autos Pichón, Paso a Paso de Fene, Os Tiquismiquis de Neda e O Rei do Entroido de Ferrol.
 


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros