Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 25 de Maio de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A Universidade e a inserción laboral


Rey Varela no campus de Esteiro

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe na inauguración dunha xornada de traballo organizada pola Universidade da Coruña, no campus de Esteiro-Ferrol, sobre os programas universitarios para a inserción laboral das persoas con discapacidade. Destacou Rey Varela a reserva do 15% de prazas na oferta pública de emprego da Xunta ou que os orzamentos autonómicos do 2018 aumentaron un 9% os recursos dirixidos ao colectivo de persoas con capacidades diferentes.

Sociedade09/02/2018Autor: Redacción

Na súa intervención, Rey Varela  saudou esta iniciativa da UDC como mostra da súa implicación activa en prol da inclusión e que tamén se pon de manifesto nos cursos de verán sobre políticas de inclusión que tamén organiza a institución académica. “Temos a obriga de traballar en defensa dos dereitos e da igualdade de oportunidades, en especial das persoas con capacidades diferentes que son as que precisan un maior apoio e da empatía do conxunto da sociedade”, dixo.

Ao respecto, salientou a liña de axudas aos concellos para a mellora da accesibilidade en edificios e espazos públicos e o paso adiante dado en materia de emprego coa próxima toma de posesión das primeiras persoas con discapacidade intelectual que conseguen un emprego fixo na Xunta e a última Oferta Pública de Emprego que reserva un 15% das súas prazas a persoas con discapacidade física e intelectual.

Nesta liña, o conselleiro manifestou que “a maior mostra de inclusión é facilitar o acceso ao emprego das persoas con distintas capacidade, que teñen moito que aportar á sociedade e que nos demostran cada día que todo é posible con esforzo, dedicación, constancia e un pouco de axuda”. Por último, Rey Varela  garantiu a continuidade do apoio do Goberno galego ás persoas con discapacidade e ás súas familias. De feito, os orzamentos autonómicos de 2018 aumentan case un 9% os recursos dirixidos a este colectivo, ata chegar a preto dos 103 millóns de euros.

Este reforzo económico permitirá consolidar a rede de prazas residencias de atención diúrna, aumentar os convenios coas entidades e federacións, así como mellorar a liña de axudas para a mellora da accesibilidade nos concellos.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros