Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 15 de Agosto de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A lembranza dos escritores


Celanova: Casa dos Poetas

A Casa dos Poetas en Celanova acolle este sábado 10 de febreiro de 2018  ás 12 horas o II Encontro de das Casas Museo e Fundacións de escritores de Galicia. Convocadas as máis de 30 entidades de este tipo na Comunidade Autónoma, están confirmadas a asistencia de representantes de polo menos a metade. A esta reunión asistirá tamén o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, para afondar na relación colectiva e abordar ideas e propostas xa máis concretas a través das cales iniciar posibles camiños de colaboración, así como continuar co coñecemento recíproco das propias casas e das actividades que estas desenvolven.


 

Sociedade09/02/2018Autor: Redacción

O I encontro tivo lugar o 24 de xuño do pasado ano, no marco das actividades do Centenario de Eduardo Pondal, acudindo á chamada das Fundacións Pondal, Rosalía e Curros Enríquez. A reunión foi nesa ocasión en Ponteceso co fin de facer unha primeira toma de contacto e unha aproximación ó estado da cuestión das Fundacións de Escritores de Galicia, responsables na grande maioría dos casos de Casas Museo ou edificios expositivos con personalidade propia e cunha serie de singularidades que fan que moitas das problemáticas e dos retos de futuro ós que deben enfrontarse, sexan comúns.


FUNDACIÓNS CONVOCADAS:

Fundación Eduardo Pondal

Fundación Emilia Pardo Bazán

Fundación Luís Seoane

Fundación W. Fernández Flórez

Fundación Camilo José Cela

Casa Museo Rosalía de Castro

Museo Valle Inclán

Fundación Castelao

Fundación Celso Emilio Ferreiro

Fundación Torrente Ballester

Casa de la Troya

Fundación Manuel María

Fundación Uxío Novoneyra

Fundación Vicente Risco

Fundación Curros Enríquez

Casa Museo Otero Pedrayo

Fundación Losada Diéguez

Fundación Insua dos Poetas

Fundación Carlos Velo

Casa Museo Ramón Cabanillas

Fundación Filgueira Valverde

Fundación Illa Couto

Fundación Penzol

Casa Museo Francisco Fernández del Riego

Fundación Neira Vilas

Casa Museo Francisco y Julio Camba

Casa Natal de Valle Inclán

Fundación Carlos Casares

Fundación Plácido Castro

Fundación López Abente

Fundación Blanco Amor

 


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros