Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 25 de Maio de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

En qué punto está o punto limpo


Gumersindo Galego

O PP de Fene sumouse á reclamación veciñal das obras na Nacional 651, nas curvas de Santa Ana en Fene. O seu voceiro, Gumersindo Galego, reflexiona tamén sobre a incorporación dende a N 651 a Magalofes, moi complicada, e nos pide que comparemos como se fixeron as cousas en Cabanas en relación aos accesos dende a N VI e como non se fixeron en Fene. Con Gumersindo Galego falamos deste tema hoxe no espacio As Foxas, pero tamén doutros asuntos da actualidade política local.

Sociedade09/02/2018Autor: Redacción

Galego falou do Carnaval e dos cambios realizados polo goberno do BNG na festa. Tamén criticou o abandono do Punto Limpo por parte do goberno fenés "sumando xa tres anos sen facer nada, para botarlle a culpa a Cabanas do retraso" afirmou o voceiro popular.

Gumersindo Galego denunciou tamén que a adaptación do Plan de Urbanismo á nova Lei do solo leva dous anos estancada e Fene que vai ter que ceder á Xunta de Galicia esa competencia.

Respondeu Galego á pregunta de como van as cousas de palacio, en alusión á restauración do pleno da moción de censura, suspendido pola mesa de idade hai uns meses. Afirma o edil popular que a demanda vai adiante aínda que a folga nos xulgados podería retrasar a sentencia.


Gumersindo Galego
Portavoz PP
Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros