Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

EntrElas en Limodre


Cartaz da cita musical

A AVV de Limodre- Fene- celebra o Día da Muller cun concerto este sabado 10 de marzo. O grupo vocal EntrElas actuará no local Juan Varela de Limodre ás oito da tarde. O grupo constitúese en 2011 na Coruña coa intención de levar ás voces femeninas a música do noso tempo, abarcando gran variedade de xéneros. Dirixe tamén unha muller, Ileana Delgado.

Sociedade07/03/2018Autor: Redacción

EntrElas é un grupo vocal feminino cuxo obxectivo é levar diferentes xéneros musicais (xeralmente do noso tempo ou dun tempo o máis próximo posible) á música "a capella". Isto contribúe a que o seu repertorio sexa moi variado e alcanzable para todo tipo de público. Interpretan obras populares galegas, chachachás, boleros, bossa nova, soul, música pop, panxoliñas do mundo, bandas sonoras de películas, reggae e outros ritmos que se consideren adecuados á tipoloxía de escenario e de público dos concertos que realizan. Os arranxos deste repertorio son adaptados para catro ou máis voces femininas, na súa maioría, pola directora do grupo, Ileana Delgado.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros