Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

8M: As mulleres din basta


Navantia Fene: concentración de traballadoras e traballadores polo Dia da Muller

Navantia sumouse esta mañá cun paro de duas horas á folga feminista. "Sempre hai diferencias entre homes e mulleres. A discriminación non é unicamente salarial. Tamén afecta ao tipo de traballo que se desenvolve, ás conductas", segundo aseguraban esta mañá as mulleres do estaleiro.

Sociedade08/03/2018Autor: Redacción

"Necesitamos que os gobernos poñan enriba da mesa medidas que castiguen a discriminación. A maternidade por exemplo, está penalizada" afirmaban Esther e Adela do comité de empresa de Navantia Fene. Os traballadores de Navantia e da industria auxiliar concentráronse entre as 10 e as 12 da mañá na porta das Pias, en sinal de solidaridade coa folga das mulleres. Ali deuse lectura a un comunicado redactado arredor deste Dia Internacional da Muller.

Laboral, coidados e consumo

Oito de marzo. Folga feminista contra a fenda salarial, a discriminación e a violencia de xénero. Folga laboral, de coidados e de consumo. Segundo a representante da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, Lucia Vizoso, é especialmente importante nesta xornada absterse de consumir. Deses labores encárganse nun noventa por cento as mulleres. E está demostrado que o consumo diario é o que move a economía. Reivindicase neste dia internacional da muller a igualdade laboral e salarial e protéstase contra a violencia machista.  


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros