Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Mulleres na rúa, a loita continua


Manifestantes encheron a Praza do Obradoiro. Santiago. 8 de marzo do 2018

Milleiros de persoas saíron á rúa en Santiago de Compostela e no resto de cidades galegas para lanzar unha mensaxe clara en defensa da igualdade e en contra do machismo, nunha xornada de paro feminista convocada en máis de 150 países de todo o mundo.

Sociedade08/03/2018Autor: Redacción

A protesta adquiriu un tono festivo e reivindicativo. A folga deixouse sentir nas grandes empresas, na sanidade e na educación. Houbo quen optou pola ausencia do posto de traballo durante todo o dia e as mulleres que realizaron o paro de duas horas convocado pola CIG, CCOO e UXT.. As máis de 40 manifestacións convocadas pola tarde en diferentes localidades galegas constituiron tamén un éxito de participación, ilusión e entusiasmo. 

As concentracións e protestas celebradas en Santiago contaron coa presenza de diversos portavoces e representantes políticos, como a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o portavoz parlamentario socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, ou a deputada de En Marea Paula Quinteiro, entre outros. Tras participar na manifestación da capital galega, Quinteiro mostrouse "emocionada" ante unha "xornada histórica", na que o feminismo deu "unha lección de dignidade" e "moitísimas mulleres saíron á rúa". "Sobran os motivos, estamos fartas e hoxe demostramos a nosa potencia, a nosa forza e a nosa indignación".
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón reivindicou hoxe  a posta en marcha dunha “Lei de Igualdade salarial” e sancionar aquelas empresas que pagan menos ás traballadoras polo feito de seren mulleres.

Na manifestación convocada polo Día Internacional da Muller, Pontón afirmou que “nunca tivemos igualdade real” pero nestes últimos anos, a crise económica puxo en marcha un retroceso das liberdades e dos dereitos e aumentou  a  “desigualdade” das mulleres.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros