Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O que nos queda da familia


Aigi Boga. Fotografía.

A obra de César Sierra A leituga fala da familia ou do que queda dela. Aquel núcleo indestrutible coas función de cada quen ben delimitadas xa non é. E ao non ser, afloran problemas por todas partes. A muller rebélase, xa non quere ser a coidadora de todos, pero ninguén quere coller a testemuña. A obra expón unha situación de rabiosa actualidade que fai pensar aos espectadores, si ou si. O sacrificio e a culpa son os sentimentos que teñen amarrados aos protagonistas polo pescozo. Todos foxen do sacrificio e todos senten a culpa no seu interior. 

Sociedade05/05/2018Autor: Autora: Pitusa Arias

O traballo actoral é magnífico en todos os casos. Chama a atención que alguén como Morris, un actor tan encadrado en papeis televisivos de moito peso, poida soltarse e ser o xenro máis xenro de todos os xenros nesta obra. Tamén moi críbeis Federico Pérez, María Vázquez, Mercedes Castro e Xosé Barato. Con poucos recursos materiais, apenas unha mesa,  un sofá de relax  e unha escaleiras, o traballo na escena multiplícase. As luces e as sombras axudan. 
O morto en vida está sempre presente, sen estar. Os argumentos, diálogos, insultos, a música, os movementos pola escena, son tan oportunos que o ritmo está garantido. O tempo pasa voando. E as pinceladas de humor tan ben dosificadas que o drama torna menos dramático. O final tranquiliza. 


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros