Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A Casa do Coronel e a defensa do medio natural galego


José López Hermida en Radio Fene

O orzamento para a construción da Casa do Coronel aprobouse en 1947, rematando as obras en 1950. Formou pate do novo acuartelamento para o Parque de Artillería no solar situado na parte posterior do cuartel Sánchez Aguilera. Na actualidade alberga o Museo da Sociedade Galega de Historia Natural, segundo poñen de manifesto José López Hermida e Xan López Silvar nun artigo publicado no número 18 da revista Columba.

Sociedade24/05/2018Autor: Redacción

A Sociedade Cultural Columba ven de editar o número 18 da revista do mesmo nome.  O presidente da sociedade con sede en Cobas,  José López Hermida e Xan Silvar publican un artigo referido á Casa do Coronel, actual sede da SGHN.
José Luís Lamigueiro escribe sobre a xenealoxía da liñaxe Sillobre. Tomás Casal Pita relata as peripecias da estrada de Ferrol a Cobas (12 quilómetros) proxectada en 1850 pero que non se rematou ata 1912. Son alguns dos contidos da última entrega da Columba que por primeira vez se presenta a toda cor.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros