Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 15 de Agosto de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Campus deportivo feminino


Campus en 2017

O pavillón polideportivo da Xunqueira acollerá o V Campus Feminino de Fútbol Sala María Vieira “Mavi” para nenas e rapazas maiores de 6 anos. Celebrarase do 9 ó 13 de xullo, de luns a venres de 10 a 14 horas. As prazas están limitadas a 24 e requírese dun mínimo de 12 para celebrar a actividade. O concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, avanzou que as participantes terán un extra, recibirán a visita de xogadoras da selección galega e da selección española de fútbol sala feminino, que compartirán horas e experiencias coas rapazas do campus.

Sociedade14/06/2018Autor: Redacción

A inscrición na actividade deberá formalizarse do 18 de xuño ó 5 de xullo, de 8,30 a 14 horas no departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene (Avda.Naturais, 44, entrechán). A cota a abonar é de 15,70 euros e, partir do segundo membro da unidade familiar residentes en Fene, esta redúcese a 12,56 euros.  

Entre as actividades propostas no campus haberá xogos e actividades multideporte (volei, futenis, bádminton, rugby, balonmán, baloncesto...); exercicios de técnica de fútbol sala; actividades ó aire libre nos arredores do pavillón, campo de fútbol e praias do Concello, ou minipartidos e competicións.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros