Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 15 de Agosto de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Chamada ao profesorado galego


O mestre Antón Pena

Concentracións do profesorado hoxe xoves nas sete cidades Galegas. Educación só ofrece unha media de 8,23€ mensuais até finais de 2020 para a suposta “homologación do profesorado” . CIG-Ensino denuncia que enganan ao profesorado ao incluír fondos derivados do acordo retributivo de Madrid. Convoca concentracións nas sete cidades, hoxe xoves ás 20:00 horas en demanda da mellora das retribucións e das condicións laborais.

Sociedade14/06/2018Autor: Redacción

No acordo asinado polo goberno do PP e os sindicatos estatais establecíase que as diferentes administracións poderían aprobar subas salariais para o seu persoal dun 0,3% da masa salarial total nos anos 2018, 2019 e 2020. A CIG-Ensino xa rexeitou rotundamente esta imposición centralista e agora critica á Consellaría por converter nunha fraude a negociación das retribucións docentes. De feito, coa suba de 10 euros de outubro a decembro deste ano, a Xunta aforraríase case 80 euros por docente só no ano 2018. Por iso a CIG Ensino chama ao profesorado galego a concentracións este xoves 14 de xuño, nas sete cidades galegas, ás 20:00 horas, en demanda da mellora das retribucións e das condicións laborais en:


A Coruña: Praza de Pontevedra (diante do IESEusebio da Guarda).

Compostela: Praza do Toural.

Ferrol: Praza Amada García (diante da Xunta).

Lugo: Ronda da Muralla (diante da Xunta).

Ourense: Rúa Concello (Xefatura Territorial Educación).

Pontevedra: Praza da Peregrina.

Vigo: Praza América (diante do IES Santa Irene).


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros