Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 15 de Agosto de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Polo San Xoan hai mercado


Mercado San Sadurniño

As solicitudes para o Mercado local do último domingo de mes en San Sadurniño poden presentarse até o 20
O Concello fixou a principios de ano o calendario de mercados locais, que quedou establecido nos últimos domingos dos meses de maio, xuño, xullo, setembro e outubro. Polo tanto, o deste mes de xuño celebrarase o día 24. Coma sempre, a área de Desenvolvemente local abre tempo antes un prazo para que os postos interesados se poidan inscribir e presentar no mercado toda a súa oferta que, ademais, nesta ocasión se verá complementada cun espectáculo de rúa a cargo do artista Pedro Brandariz. As solicitudes poden presentarse até o día 20.

Sociedade14/06/2018Autor: Redacción

O Concello busca enriquecer deste xeito a variedade de produtos á venda con actos culturais e de dinamización complementarios. Por iso, de aquí ao último mercado -o de outubro- hai programados distintos espectáculos que teñen como denominador común o obxectivo de animar o evento. Serán principalmente propostas musicais e escénicas. Para este mercado do último domingo de xuño contarase co actor e monologuista Pedro Brandariz e co seu espectáculo de rúa "Os outros feirantes", inspirado no universo máxico de Álvaro Cunqueiro.

No mercado do día do San Xoán poderemos atopar nos xardíns municipais produtos de temporada e alimentos transformados, planta, artesanía e artigos de segunda man a moi bo prezo. Todos ben á vista nos postos que se distribuirán ao xeito habitual a ambos lados dos sendeiros dos xardíns: na parte alta alimentación, planta e produto fresco; no centro a artesanía e, por último, na parte baixa e no camiño paralelo á estrada de Ferreira, máis artesanía e artigos de segunda man que, por certo, están converténdose nun dos principais referentes do mercado.

O período de solicitude de participación para comerciantes está aberto ata o día 20 de xuño ás 14.00h., presentando na Casa da Cultura, no Rexistro municipal ou por correo -Lugar do Casal 16, 15560 San Sadurniño- a ficha dispoñible na ligazón do pé deste texto. Outra maneira de apuntarse é enviándolle a ficha a agustin.perez@sansadurnino.gal. O listado de solicitudes admitidas publicarase ao día seguinte.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros