Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A auga protagonista no Verán máis alá


Piscina municipal Centieiras

A primeira quenda do programa de conciliación da vida persoal e laboral “Verán máis alá!” que impulsa a Concellería de Cultura chegará mañá venres ó seu remate. Nenos e nenas deixan atrás unha semana moi divertida e repleta de actividades acuáticas, xa que todos os días se desprazáron á piscina municipal de Centieiras. A diversión continuará ata o último día e, mañá venres, o Concello proporalles saír de excursión. A área recreativa de Pedroso será o destino da viaxe e, alí, os diferentes grupos de nenas e nenos realizarán actividades relacionadas coa natureza, onde vincularán o vivido co aprendido sobre a auga no marco do proxecto culturas.

Sociedade12/07/2018Autor: Redacción

Tamén está prevista unha pequena ruta e xogos cooperativos e de grupo. En caso de choiva haberá alternativa ese día, xa que o Concello non desiste de manter igualmente a excursión, pero variando o itinerario. Así, os grupos de
pequenos e pequenas irían ó parque infantil Golfiños de Narón e, os grupos de maiores, ó Museo Naval, realizando unha visita guiada. Por último, a Concellería de Cultura avanza que o vindeiro luns, 16 de xullo, incorporaranse ó programa os nenos e as nenas que se matricularon para a segunda quincena.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros