Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Remando a ritmo de tango


O grupo de Aspaneps. Radio Fene

ASPANEPS apura o fín de curso antes de sair de vacacións todo agosto. A vindeira semana os rapaces e rapazas usuarias da asociación vivirán duas experiencias curiosas; aprenderán como se baila o tango e navegarán en kaiak co club de remo de Mugardos. No medio, unha interesante conferencia sobre os tapóns de plástico.As actividades serán ás 12:00h.

Sociedade12/07/2018Autor: Redacción

O mércores 18, María falaralles do Tango e aprenderalles algúns pasos deste baile tan pasional. A exhibición farase no patio das vivendas do Castro, onde Aspaneps ten o seu local e o seu horto. O xoves 19, representando a Aspanemi, Pili Carballeira, falará sobre o percorrido dos tapóns de plástico que xuntamos para depositar en bidóns con fíns solidarios. E o venres os usuarios e usuarias de Aspaneps Fene acuden ás instalacións do Club de Remo de Mugardos para practicar remo na praia. Fran, Vicente e Cris, xunto ao seu educador, Xavier Picos, faláronnos deste interesante fin de curso do centro ocupacional da Asociación de Pais e Nais de Nenos e Nenas con Problemas Psicosociais (Aspaneps). 


Fran, Vicente, Cris e Xavier
falaron en Radio Fene
Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros