Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Galicia ou Patria


Todo preparado para a Festa dos Avós

Arden as redes tras as declaracións do alcalde de Fene nunha cadea de radio, a propósito das actividades do Ciclo do Día de Galicia. O BNG denuncia que Gumersindo Galego desprezou aos artistas convidados e que debe pedir disculpas publicamente. Galego deféndese declarando que non desprezou a ninguén e que unicamente constatou o escaso público que acudiu aos actos desenvolvidos ata agora. O Bloque opina que non se publicitaron ben esas actividades e Galego deixa claro que el prefire un programa máis "para todos os públicos".

Sociedade12/07/2018Autor: Redacción

O BNG local emitiu unha nota na que denuncia as declaracións do alcalde, Gumersindo Galego, falando do Ciclo do Día de Galicia que comenzou o luns en Fene e remata mañá venres co concerto de Ses. O BNG critica que Galego calificase as actividades como, din textualmente, "de minorítarias e sen interés cultural nin para Fene nin para a comarca" . No comunicado instan ao alcalde a rectificar as súas declaracións e a que pida disculpas aos artistas convidados. Tamén que asuma publicamente os erros cometidos coa tardía e deficiente publicidade do ciclo do Día da Patria Galega".

A falta de público nos primeiros días provocou que Gumersindo Galego, que xa tiña o programa pechado cando accedeu a alcaldía no mes de abril, se queixase nesa entrevista, do cambio de datas e dalgunha contratación artística. Galego afirma que se sacaron as cousas de contexto. O PP variou duas cousas; o nome do ciclo que de chamarse "Ciclo da Patria Galega" pasou a denominarse "Ciclo do Día de Galicia" e que a festa dos avós, que se celebra esta tarde-noite volvera a ser gratuíta. Segundo declarou esta mañá Gumersindo Galego a Radio Fene, as datas do ciclo sempre foron na semana anterior ao 25 de xullo. Queixouse da falta de acerto na elección dos artistas. De Ses dixo que ten un caché moi elevado e que non é un referente para todos os públicos, pero que estará, aínda así estará entre o público mañá para escoitala.


Juventino Trigo
portavoz municipal do BNG
Gumersindo Galego
Alcalde de Fene
Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros