Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Tempestades de sal


Ses

Tras unha semana de actividades, o ciclo “Día de Galicia” que promove a Concellería de Cultura de Fene para conmemorar o 25 de xullo alcanzará o venres, 13 de xullo, a súa última xornada. A edil de área, Rocío Bértoa, avanza que o programa previsto para mañá comezará ás 20,30 horas no monumento “Día da Patria Galega”. Alí, María Rivera Rodríguez, autora do libro “Sillobre ven de antigo”, dará lectura á declaración institucional. E, xa ás 22,00 horas, a praza do Alcalde Ramón Souto González albergará o concerto estelar de Ses, que presentará en Fene o seu disco “Readmirando a condición”.

Sociedade12/07/2018Autor: Redacción

Readmirando a condición.

Trátase do quinto traballo da cantante coruñesa e nel volve gravar, musicar e arranxar o seu primeiro álbum, “Admirando a condición”, que publicara en 2011. Este novo CD inclúe ademais un tema inédito -e homónimo-. Un total de doce temas, dos cales once corresponden ó seu primeiro álbum, que contiña éxitos como “Tempestades de sal” ou “Non son fada”. Desta volta, a cantora dálle un son máis “SES” ó seu disco de
debut, convertendo aqueles temas nun son -en moitos casos- totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente. Estas once cancións foron gravadas desde cero e producidas e arranxadas por ela mesma, a diferenza do primeiro disco.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros