Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O mercado do Funchal, un dos mais fermosos do mundo


As cores no mercado dos lavradores no Funchal (Madeira)

Un mariño mercante con moitos anos de experiencia por todos os océanos díxome: "En Funchal, vai ao mercado, é un dos máis fermosos do mundo". Alá fun e o resultado non defraudou as miñas expectativas. O peixe espada preto, o bacallau e o bonito rezuman alí frescura. Na sección de froitas e hortalizas, a tropical gama de cores acompáñase dos tamaños máis exhuberantes.

Sociedade22/01/2017Autor: Henrique Sanfiz

O visitante da illa de Madeira, do Funchal non pode deixar de visitar o mercado. O sabor tradicional e familiar empapan o edificio sen deixarse domesticar polos turistas. Boa parte da aristocracia europea xa descubriu o seu clima benigno no século XIX e a tradición como terra de acollida quizais influia para que os visitantes non sexan quen de alterar a cotidianeidade.

Xunto co bacallau, en Madeira precísase probar o bonito e o peixe espada preto ou espadarte. Na vila de Caldera de Lobos residen os máis expertos pescadores desta especie que se saudan dun extremo a outro da rúa, nunha ostentación de familiaridade.


Características do Peixe Espada Preto (A pesar do seu feo aspecto, ten un sabor gorentoso, similar ao da pescada)
Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros