As Meninas voltan a Canido. A iniciativa de arte na rúa buscaba reivindicar o histórico barrio ferrolán e protestar contra o abandono de numerosas vivendas e solares. Transformouse nunha orixinal idea de promoción que inclue pintura, fotografía, música e proxección de curtametraxes. O can do cadro de Velázquez, Laxeiro, Castelao ou Bello Piñeiro eran algunhas propostas dos viandantes para adicarlle este dia no 2010.
O alcalde de Ferrol Vicente Irisarri visitou a proposta e felicitou á maioria dos 40 pintores participantes na iniciativa. O Concello departamental e máis o de Narón colaboran na iniciativa impulsada en orixe polo multidisciplinar artista Eduardo Hermida.
A idea despertou a solidaridade no mundo da arte despois de que no 2008 un mural artístico realizado no barrio polo coruñés Jorge Cabezas, fose cuberto aos poucos dias por un veciño que, con varios brochazos de pintura, escribiu unha mensaxe para protestar contra a instalación dunha antena de telefonía móbil.
O atentado contra o mural do pintor coruñes, que tamén estaba inspirado nas Meninas, fixo que artistas de toda a península planearan unha reinterpretación do cadro de Diego Velázquez. Este ano todos os veciños ofreceron as súas fachadas para que fosen decoradas coas particulares Meninas.