A actriz María Pujalte -protagonista da exitosa serie de TVE Los misterios de Laura- achegouse onte ao barrio de Canido en Ferrol para respaldar coa súa presencia a iniciativa "As Meninas voltan a Canido" proposta reivindicativa dun barrio sostible. Tamén a escritora Yolanda Castaño participou na xornada.
Os músicos Uxía Senlle e Magín Blanco foron outros dos persoeiros que se achegaron no dia de onte para apoiar a idea de Eduardo Hermida. A danza, a fotografia, a música e as curtametraxes complementaron un dia de vida para Canido.