Publicidade 100% galegas
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 22 de Maio de 2013
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Celebrar o Nadal sen gluten


Asociación de Celíacos de Galicia. Telf. 981 104467

A Asociación de Celíacos de Galicia organiza un total de 5 festas do Nadal para festexar estas datas con productos sen gluten. Papá Noel recibirá as cartas dos pequenos e pequenas e haberá xogos. Os maiores poderán intercambiar experiencias arredor da compra e elaboración de productos sen gluten e en torno á dieta en xeral.

Sociedade11/12/2009Autor: Henrique Sanfiz

Poderán degustar tamén unha merenda sen gluten que nalgúns casos os propios socios achegarían para compartir cos demais. Estes encontros de socios por zonas son moi demandados, xa que as persoas que acoden a eles viven preto uns doutros, poden compartir as súas vivencias, os seus coñecementos, etc. Estas festas do Nadal organizadas por ACEGA e as súas delegacións queren ser unha ocasión para o encontro así como para mostrar solucións alimentarias para celebrar o Nadal.

Para o colectivo celíaco as datas do Nadal son importantes tamén porque reaparecen nelas as dificultades da compra. Na actualidade existe unha gran variedade de produtos do Nadal, a maioría dos cales o celíaco con todo non pode consumir. Os celíacos só poden facer unha compra segura coa Lista de Alimentos actualizada (2010) que edita FACE (Federación de Asociacións de celíacos de España). Nestes momentos non se pode facer unha compra responsable só lendo as etiquetas, xa que a nova Lei da Etiquetaxe non será efectiva até o 2012 e ten algúns aspectos en que mellorar. Aínda que, é certo que cada vez son máis as empresas que elaboran produtos específicos para celíacos e que no mercado pódense atopar unha gran variedade de produtos sen glute (turróns, mazapanes, etc.) o problema segue sendo o de sempre: os prezos son máis elevados e eses produtos non se atopan en todos os comercios. Estes dous aspectos son algúns dos que, desde as asociacións de celíacos, traballamos co fin de facilitar ao celíaco o cumprimento do seu único medicamento: a dieta sen glute para sempre. As festas serán este sábado 12 de decembro en Ferrol e en Ourense, o domingo 13 en
Lugo e o sábado 19 en Pontevedra e Santiago de Compostela.

 


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Quen son os culpabeis da crise económica?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros