Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 03 de Septembro de 2010
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A nova Ordenación Litoral será menos restrictiva na superficie inmediata ao mar


O conselleiro Hernández e o presidente Feijóo tralo Consello

A Xunta permitirá a construción fronte ao mar trala fase de audiencias do novo ordenamento costeiro, deixando obsoleta a prórroga da prohibición de edificar nunha faixa de 500 metros decretada polo goberno bipartito, que concluirá o día 17 de maio. O Consello da Xunta coñeceu hoxe o documento previo á aprobación do novo Plan de Ordenación do Litoral de Galicia que inicia desta maneira o seu procedemento administrativo. Agora o texto será remitido aos concellos afectados para que fagan as súas achegas e o Goberno anunciou que pretende conseguir o máximo consenso político antes do visto bo definitivo, que segundo as previsións terá que chegar en decembro deste ano. Mais isto non impedirá que antes se aproben levantamentos excepcionais dos límites á construción.

Institucional08/01/2010Autor: Redacción

O conselleiro de Medio Ambiente e Territorio, Agustín Hernández declarou que haberá máis de 45.000 hectáreas con máxima protección ambiental, por ser zona intermareal e costeira, e que representan o 21 por cento do territorio contemplado no plan. Con todo, son 40.000 menos que as que fixaba a Lei de Medidas Urxentes do bipartito. No resto da faixa inmediata ao mar caberá a posibilidade de edificar en función do impacto paisaxístico porque, segundo Hernández, “ordenar o litoral non é igual a prohibir”.

O novo Plan de Ordenación do Litoral, segundo a Xunta, centrará a súa xestión no 7,2 por cento da superficie total da comunidade, isto é, 212.164 hectáreas,130.000  máis que o documento actual. Hai 84 concellos incluidos no Plan: 47 na provincia da Coruña, 10 en Lugo, e 27 en Pontevedra.

Polo súa banda, o presidente Alberto Núñez Feijóo declarou que cómpre desenvolver a ordenación de acordo ás necesidades do Plan de Acuicultura e teimou en que as intervencións permitidas pola Xunta atenden ao “interese xeral”. Desta maneira, os plans da Xunta para a macropiscifactoría de Touriñán non dependerán do novo ordenamento, senón que prevalecerá a norma sectorial.


Agustín Hernández fala dos principios da ordenación costeira
O conselleiro do Territorio considera que ordenar non equivale a prohibir
Comentarios:
11/07/2010 - replica gucci handbags. louis vuitton (replica lv)
designer handbags replica gucci wallets louis vuitton handbags
19/07/2010 - louis vuitton handbags. louis vuitton (replica louis vuitton)
replica handbags chanel handbags chanel wallets
03/08/2010 - http://www.jewelry-tiffany.com. replica jewelry ()
zenith class open given the skyrocketing cost of Breitling Bentley GT health care, t
28/07/2010 - replica handbags. prada handbags (louis vuitton)
hermes wholesale Women Handbags
Publicidade

Axenda

Pinchada de música galega en Churruca - Vigo
04/09/2010 - 24:00
Casa de Arriba
Coanhadeira na Veiga
04/09/2010 - 23:30
Praza do Concello
XIV Festival Folclórico Baíña en Baiona
04/09/2010 - 22:00
Praza do Concello
O jazz de Aló Django en Marín
04/09/2010 - 22:00
Ache
Estreno en A Coruña do espectáculo Un corazón perfecto
04/09/2010 - 20:30
Fórum Metropolitano
The Noisers actúa en A Coruña
04/09/2010 - 19:30
FNAC (Praza de Lugo)
Concerto de La Promise Band en A Coruña
03/09/2010 - 23:30
Rocco Vip Lounge do Porto Centro Comercial
The Kanguru Project en Vigo
03/09/2010 - 22:00
Bonus Track Bar
Mitocondrias actúan en Ourense
03/09/2010 - 21:30
Café Cultural Auriense
Ghazafelhos presenta “Contos para escagarriñarse” en Cotobade
03/09/2010 - 20:00
As Boliñas - Augasantas
O reggae de Fidel Nadal en A Coruña
03/09/2010 - 19:30
FNAC
Dakidarría en Melide
03/09/2010 - 00:00
Sala 600

Enquisa

Paréceche correcto gastar 3 millóns de euros das arcas públicas na visita do Papa?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros