Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 09 de Septembro de 2010
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Suspendido o servizo de tren entre Ferrol e Ribadeo


Traballos de reparación. Fotografía: Pepa Losada

Dous desprendementos rexistrados nas últimas horas debido ás intensas choivas obrigaron á compañía ferroviaria Feve a suspender o servizo de tren entre as localidades de Cerdido (A Coruña) e Ribadeo (Lugo). O desprendemento, rexistrado na Mariña, afecta a un tramo comprendido entre os puntos quilométricos 114/680 e 114/850, entre Burela e Cangas de Foz.

Sociedade24/01/2010Autor: Redacción

Segundo a compañía ferroviaria o problema produciuse polo desbordamento de dous regatos, que arrastraron a banqueta da vía --o lugar sobre o que se apoian os viarios-- quedando esta suspendida. Para asegurar o seu suxeción, construíuse un dique. Mentres levan a cabo estes traballos, a empresa pública dependente do Ministerio de Fomento está a realizar o servizo por estrada.

O segundo desprendemento produciuse no punto quilométrico 38/748, no municipio de Cerdido, na comarca de Ferrol, e afectou a un tren de viaxeiros que cubría o traxecto entre Ribadeo e a cidade departamental. A máquina sufriu un lixeiro descarrilamento ao chocar coas pedras que se atopaban na vía, sen que se producisen danos persoais de ningún tipo, e de menor consideración no caso do convoi. Os viaxeiros foron transbordados a outra unidade enviada desde Cerdido para poder continuar a viaxe.

En ambos os lugares os equipos de Feve traballan intensamente desde que se tivo constancia desta situación, para tratar de restablecer o servizo nun prazo o máis breve posible.

As comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña rexistraron durante todo o día do venres e sábado intensas choivas, unhas precipitacións ás que se atribúe o corremento de terra.


Comentarios:
10/07/2010 - watches. fake watches (cartier)
fake rolex fake rolex watches
11/07/2010 - replica gucci handbags. lv (replica gucci handbags)
replica handbags chanel handbags replica lv
19/07/2010 - replica chanel. replica handbags (fake louis vuitton handbags)
handbags replica louis vuitton wallets gucci wallets
28/07/2010 - vuitton. coach handbags (replica handbags)
hermes replica handbag Women Wallets
Publicidade

Axenda

Concerto de Arizona Baby & Friends
10/09/2010 - 22:30
Sala Le Club de A Coruña
Representación de Master Class en A Coruña
10/09/2010 - 21:00
Teatro Rosalía de Castro
O humor de Noites de Retranca en A Coruña
10/09/2010 - 20:30 e 22:30
Teatro Colón Caixa Galicia
We Have Band e Norton en Pontevedra
09/09/2010 - 23:00
Sala Karma
Concerto de Jackelberrys en O Burgo (A Coruña)
09/09/2010 - 22:30
Fórum Celticum
Nut Teatro presentan “Wake Up” no Fetega
09/09/2010 - 22:30
Multifuncional de O Carballiño
Damien Jurado actúa en Ourense
09/09/2010 - 22:00
Café & Pop Torgal
Munich e Igloo en Vigo
09/09/2010 - 22:00
La Fábrica de Chocolate Club
Festival Internacional de Curtametraxes en Bueu (FicBueu)
09/09/2010 - 21:30
Centro Social do Mar
Concerto en Compostela de Mercedes Peón
09/09/2010 - 21:00
Teatro Principal
Pecha no Cebreiro o ciclo “Camiños en danza”
09/09/2010 - 20:00
Campo da Festa

Enquisa

Paréceche correcto gastar 3 millóns de euros das arcas públicas na visita do Papa?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros