Conta con 24 anos. Licenciouse en Dereito e prepárase para abrir o seu despacho de avogado. Neste ano 2010 ven de sair á luz o seu poemario "Las alas de una alondra madrugando" coa Editorial Hiperión. O libro obtivo o premio de poesía xove "Antonio Carvajal" en Albolote (Granada).
Pensa que a poesia debe ter un contido, pero tamén introducir marxes fermosas, ritmo e musicalidade. Fala das maneiras de enfrontarse aos golpes da vida e defende a esperanza e a alegría.