Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 09 de Septembro de 2010
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O garrote vil na prisión da Coruña


Daniel Romero no 2010 na mesma cela que ocupou en 1948

"Aquí aplicaban o garrote vil e nós, os presos, viamos o aparello desde as ventás da enfermería" relata Daniel Romero López, detido en 1948 acusado de colaborar coa guerrilla antifranquista. Pertencía ao Partido Comunista e compartiu cárcere na prisión provincial da Coruña con Gayoso e Julián, 2 militantes executados en novembro dese ano, despois de ser condenados en consello de guerra. A dictadura franquista aprobara en 1947 a "Ley de Bandidaje y Terrorismo" que sistematizaba a represión e daba cobertura legal a todo tipo de "guerra suxa" contra a guerrilla.

Sociedade07/02/2010Autor: Henrique Sanfiz

Con Daniel Romero, visitamos a prisión provincial da Coruña, centro penitenciario construido en 1927 e que acolleu a boa parte dos presos antifranquistas galegos. Romero entrou emocionado na cela que ocupou, e tamén sinalaba o habitáculo onde durmian Gayoso e Julián. "Cobrábannos 1,5 pesetas por ducharnos con auga quente" afirma Daniel ao tempo que relata o seu destino no economato do cárcere. "Como sabía algo de contabilidade, puxéronme a levar as contas e na mesa onde traballaba era onde o verdugo redactaba os papeis das execucións, e logo rompía as plumas coas que escribía". Con auga fría deixaban duchar aos presos de xeito gratuito. Iso sí, só 2 veces por semana.

En setembro de 1948 xulgan e condenan a Daniel Romero. Da prisión da Coruña trasládanno a un campo de traballo en Asturias. Saca do cárcere escondido nun libro de mecánica, un retrato de Gayoso, que realizara outro compañeiro preso, José Bartrina. Despídese dos dous compañeiros cos que falaba a través dun ventanuco, mentras eles saían ao patio. Antonio Seoane Sánchez "Julián" (Xefe do Exercito Guerrilleiro de Galicia) e José Gómez Gayoso (Secretario Xeral do PCE en Galicia) serán executados a garrote vil no cárcere de A Coruña o 8 de novembro de 1948.


Comentarios:
10/07/2010 - citizen watch. replica watches (replica watches)
fake rolex replica rolex omega watches
19/07/2010 - breitling. replica rolex (watches)
replica rolex replica watches replica watches
19/07/2010 - replica lv. louis vuitton (louis vuitton handbags)
designer handbags fake louis vuitton handbags lv
23/07/2010 - replica. replica watches (replicawatches)
replica watches rolex watches replica rolex
Publicidade

Axenda

Concerto de Arizona Baby & Friends
10/09/2010 - 22:30
Sala Le Club de A Coruña
Representación de Master Class en A Coruña
10/09/2010 - 21:00
Teatro Rosalía de Castro
O humor de Noites de Retranca en A Coruña
10/09/2010 - 20:30 e 22:30
Teatro Colón Caixa Galicia
We Have Band e Norton en Pontevedra
09/09/2010 - 23:00
Sala Karma
Concerto de Jackelberrys en O Burgo (A Coruña)
09/09/2010 - 22:30
Fórum Celticum
Nut Teatro presentan “Wake Up” no Fetega
09/09/2010 - 22:30
Multifuncional de O Carballiño
Damien Jurado actúa en Ourense
09/09/2010 - 22:00
Café & Pop Torgal
Munich e Igloo en Vigo
09/09/2010 - 22:00
La Fábrica de Chocolate Club
Festival Internacional de Curtametraxes en Bueu (FicBueu)
09/09/2010 - 21:30
Centro Social do Mar
Concerto en Compostela de Mercedes Peón
09/09/2010 - 21:00
Teatro Principal
Pecha no Cebreiro o ciclo “Camiños en danza”
09/09/2010 - 20:00
Campo da Festa

Enquisa

Paréceche correcto gastar 3 millóns de euros das arcas públicas na visita do Papa?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros