Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 09 de Septembro de 2010
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

As obras da construción do parque empresarial de Pacios-Baamonde comezarán en verán, unha vez rematado o proceso de expropiación en abril


Imaxe dunha das parcelas do Polígono begontino

As obras de urbanización do parque empresarial de Pacios-Baamonde xa teñen punto de partida. A pesar de que non hai unha data definida para o seu comezo, si hai unha previsión oficial para a súa posta en marcha. Será a partir do verán do 2010 cando dean comezo as tarefas de acondicionamento desta infraestrutura chairega, despois de que se publicasen no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado 5 de febreiro as datas para o pago e o levantamento de actas de ocupación do terreos sobre o que se emprazará o futuro parque.

Sociedade08/02/2010Autor: Pablo Durán

Segundo a resolución do DOG, as actas de pagamento e ocupación asinaranse entre o 8 e o 23 de abril próximos, a partir das nove e media da mañá, na Casa da Cultura de Begonte.


Este será o primeiro paso, xa que unha vez rematada a expropiación dos terreos necesarios para a actuación, as obras iniciaranse no menor tempo posible, posto que as mesmas están adxudicadas á UTE Aldesa-Atlantica Construccións-Antalsis por un importe de 14.817.269,04 de euros.


O de Pacios-Baamonde é un dos parques empresariais onde, segundo a actual consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas, se adxudicaron as obras de urbanización sen dispoñer dos terreos necesarios para o emprazamento do parque empresarial. Desde o departamento dirixido por Agustín Hernández se informou de que as obras foron adxudicadas polo Consello de Administración de Xestur Lugo en novembro de 2008, mentres que o expediente de expropiación non quedou aprobado definitivamente ata agosto de 2009.

O futuro parque empresarial de Pacios-Baamonde ocupará unha superficie total de 1.062.151 metros cadrados, dos que 681.871 serán de uso industrial, divididos nun total de 58 parcelas. O parque contará con 147.890 metros cadrados de espazos libres e zonas verdes, 55.561 metros cadrados de infraestruturas e servizos, 43.433 metros cadrados de equipamento social e deportivo e 133.396 metros cadrados destinados a viarios e aparcamentos.

O investimento total previsto para o desenvolvemento desta infraestrutura superará os 27,5 millóns de euros, dos que 14.817.269,04 euros se destinarán á urbanización do mesmo


Dog (Web)
Comentarios:
10/07/2010 - swiss watches. fake rolex (watches)
fake watches replica watches breitling watches
19/07/2010 - fake gucci. replica handbags (gucci)
fake fake chanel designer handbags
Publicidade

Axenda

Concerto de Arizona Baby & Friends
10/09/2010 - 22:30
Sala Le Club de A Coruña
Representación de Master Class en A Coruña
10/09/2010 - 21:00
Teatro Rosalía de Castro
O humor de Noites de Retranca en A Coruña
10/09/2010 - 20:30 e 22:30
Teatro Colón Caixa Galicia
We Have Band e Norton en Pontevedra
09/09/2010 - 23:00
Sala Karma
Concerto de Jackelberrys en O Burgo (A Coruña)
09/09/2010 - 22:30
Fórum Celticum
Nut Teatro presentan “Wake Up” no Fetega
09/09/2010 - 22:30
Multifuncional de O Carballiño
Damien Jurado actúa en Ourense
09/09/2010 - 22:00
Café & Pop Torgal
Munich e Igloo en Vigo
09/09/2010 - 22:00
La Fábrica de Chocolate Club
Festival Internacional de Curtametraxes en Bueu (FicBueu)
09/09/2010 - 21:30
Centro Social do Mar
Concerto en Compostela de Mercedes Peón
09/09/2010 - 21:00
Teatro Principal
Pecha no Cebreiro o ciclo “Camiños en danza”
09/09/2010 - 20:00
Campo da Festa

Enquisa

Paréceche correcto gastar 3 millóns de euros das arcas públicas na visita do Papa?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros