Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 09 de Septembro de 2010
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria formaliza a súa incorporación ao CETAL


Eduardo Vidal , no centro da imaxe, durante a xuntanza

O Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL) conta cun organismo mais dentro do seu organigrama, xa que a Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria (PTGAL) aceptou formalmente a proposta de incorporación e traslado da súa sede á do CETAL.

Sociedade08/02/2010Autor: Pablo Durán

O Centro Lugués ofreceu á Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria, na súa proposta de adhesión, poder contar con esta Fundación para formalizar o oportuno soporte xurídico e administrativo para o seu normal funcionamento. O director do CETAL, Eduardo Vidal, explicou que a proposición foi moi clara en canto ao interese da Fundación en “reforzar a cooperación de cara a mellorar as actuacións posibles que a ámbalas dúas entidades teñen en común”, neste caso potenciar o impulso significativo no campo da I+D+i agroalimentaria, entre outras.

 

Vidal Baamonde quixo engadir que “entendendo que unha Fundación de interese público, como é o CETAL, debe prestar e facilitar  actuacións e servizos transversais, tendentes a complementar e optimizar os xa existentes”.Así, o Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo comprometeuse ademais a acoller a sede e a Secretaría Técnica Agrogandeira da PTGAL e pór á súa disposición os medios materiais necesarios para levar a cabo as súas funcións. Outros dos compromisos aceptados polo CETAL serán administrar os fondos e subvencións que a Plataforma acade para o desenvolvemento da súa actividade, cofinanciando con fondos propios do CETAL; así como participar de forma activa nas actividades da PTGAL, particularmente nos proxectos institucionais promovidos pola Plataforma nos que o Centro lugués poida potenciar sinerxías, tales como INTERREG, o Programa Marco da UE, entre outros.A PTGAL, concretada no ano 1996, é unha entidade integrada por empresas, centros tecnolóxicos, universidades e grupos de traballo do sector público. A Plataforma constitúese nun foro de diálogo permanente entre o sector investigador e o empresarial. Este organismo non posúe personalidade xurídica, polo que os seus órganos, a excepción das secretarías técnicas, non contan con remuneración. Economicamente vese recompensada coa creación de proxectos cooperativos das empresas participantes. Na actualidade, a PTGAL está constituída e participan nos seus proxectos 175 empresas, 54 grupos de investigación e 24 entidades de I+D+i. Neste momento, teñen seis grupos de traballo abertos. Neles participan 83 empresas e 43 grupos de investigación. Tamén teñen iniciados preto de 100 proxectos de cooperación.


CETAL (Web)
Comentarios:
10/07/2010 - fake watches. fake watches (omega watch)
replica watches watches breitling watches
19/07/2010 - replica handbags. fake handbags (replica gucci)
designer handbags replica louis vuitton handbags louis vuitton travel
23/07/2010 - replicawatches. replica (omega)
rolex rolex replica watches
Publicidade

Axenda

Concerto de Arizona Baby & Friends
10/09/2010 - 22:30
Sala Le Club de A Coruña
Representación de Master Class en A Coruña
10/09/2010 - 21:00
Teatro Rosalía de Castro
O humor de Noites de Retranca en A Coruña
10/09/2010 - 20:30 e 22:30
Teatro Colón Caixa Galicia
We Have Band e Norton en Pontevedra
09/09/2010 - 23:00
Sala Karma
Concerto de Jackelberrys en O Burgo (A Coruña)
09/09/2010 - 22:30
Fórum Celticum
Nut Teatro presentan “Wake Up” no Fetega
09/09/2010 - 22:30
Multifuncional de O Carballiño
Damien Jurado actúa en Ourense
09/09/2010 - 22:00
Café & Pop Torgal
Munich e Igloo en Vigo
09/09/2010 - 22:00
La Fábrica de Chocolate Club
Festival Internacional de Curtametraxes en Bueu (FicBueu)
09/09/2010 - 21:30
Centro Social do Mar
Concerto en Compostela de Mercedes Peón
09/09/2010 - 21:00
Teatro Principal
Pecha no Cebreiro o ciclo “Camiños en danza”
09/09/2010 - 20:00
Campo da Festa

Enquisa

Paréceche correcto gastar 3 millóns de euros das arcas públicas na visita do Papa?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros