O Consorcio do Camiño Inglés a Compostela, no que participan 18 concellos, reúnese o mercores dia 10 en Cabanas para programar as actividades de fomento desta ruta, coincidindo co Ano Santo Xacobeo.
O Camiño inglés a Compostela mellora as infraestruturas e agarda aumentar o numero de pelegríns coincidindo co ano Xacobeo. No 2009 percorreron esta ruta uns 900 camiñantes, entre eles italianos, ingleses e alemáns. Os concellos por onde pasa o camiño inglés organizan ao longo deste ano diferentes actividades para potencialo. Nese sentido fomentarán concentracións de coches antigos, bicicletas e motos como veículos aptos para facer a peregrinaxe.
O concello de Neda recomenda aos colexios de primaria e secundaria que o Camiño inglés forme parte este ano Xacobeo do currículo escolar e se convirta en elemento de estudo. O secretario técnico do Consorcio, Manuel Grueiro, recomenda aos mestres que conten a historia do camiño e mesmo fomenten entre os escolares que caiñen por el, sumándose ás camiñadas institucionais que programará cada concelo no seu tramo.
Entre as melloras que se poden comprobar na ruta inglesa topamos este ano coa sinalización vertical nas estradas onde conflue o camiño. Neste mes de febreiro asinarase un convenio coa Xunta de Galicia polo que os concello por onde pasa o camiño inglés recibirá a cantidade de 400 € por Km, que destinarán ao mantenemento da ruta xacobea. Agárdase superar este ano Xacobeo o numero de pelegríns polo camiño inglés. O Carnaval, a Semana Santa e as Letras Galegas son os tres periodos previos ao verán nos que se agarda máis afluencia de camiñantes.