Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 10 de Septembro de 2010
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Toda unha vida no “Mundial”


Dina Rivera

En poucos meses, a propietaria do restaurante “Mundial” de Fene, Dina Rivera, ven de acadar dous importantes galardóns. Primeiro recibiu en setembro o premio da Federación de Empresarios de Hostalería de Galicia. A este recoñecemento sumouse o pasado venres o premio “Labor de toda unha Vida”, concedido polo xurado do certame “Gastronomía de Galicia” do Concello de Lalín.

Sociedade08/02/2010Autor: Redacción

Leva 36 anos ao fronte do restaurante e, polo de agora, non pensa en xubilarse. Para Dina Rivera, o “Mundial” representa unha parte moi importante da súa vida. É o negocio que ela e mailo seu marido fundaron en 1974, despois de pasar varios anos na emigración. Ambos os dous eran naturais de As Pontes pero escolleron Fene para vivir e traballar , aproveitando que xa tiñan familia no concello.

Dina Rivera ten pasado na cociña do Mundial ata dezasete ou dezaoito horas diarias. Lembra que naqueles primeiros anos, nunha época aínda de moito traballo en Astano, no seu restaurante chegaron a servir máis de cen comidas diarias. Pero o peor chegou coa reconversión. Dos cinco empregados que tiñan no restaurante "houbo que reducir a tres" porque, segundo asegurou a Radiofusión, o traballo foi indo a menos e apenas se servían vinte comidas ao día.

Experta cociñeira, Dina Rivera explica que foi en Londres – naqueles anos que pasou na emigración- onde realmente aprendeu a manexarse entre os fogóns. Asegura que tivo bos mestres e que con eles tivo oportunidade de coñecer algúns dos segredos da cociña francesa, inglesa e mesmo da repostería italiana. Algúns dos pratos que aprendeu daquela, mantéñense aínda hoxe no menú do restaurante “Mundial”. É o caso da súa famosa zarzuela de peixe e marisco, o entrecot “Diana”,  o tournedó Rossini ou o solomillo “café de París”.


Comentarios:
10/07/2010 - breitling. replica watches (replica rolex)
replica watches breitling cartier watches
19/07/2010 - rolex. fake watches (fake watches)
watches breitling watches replica rolex
19/07/2010 - fake. fake (replica chanel handbags)
replica handbags lv lv
Publicidade

Axenda

Concerto de SuperTramp dentro da xira 70-10 Tour
11/09/2010 - 22:30
Coliseum de A Coruña
Dakidarría en Salvaterra de Miño
11/09/2010 - 22:00
Café Concerto Vagalume
Estreno en Coruña da obra Brujas
11/09/2010 - 20:00
Teatro Colón Caixa Galicia
Moonjackets actúan en A Illa de Arousa
11/09/2010 - 00:00
O Con do Moucho
Arrinca en Santiago o Mercado Atlántico de Creación Contemporánea
10/09/2010 - 9:00
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Concerto de Arizona Baby & Friends
10/09/2010 - 22:30
Sala Le Club de A Coruña
Der Ventilator, Disco Las Palmeras! e The Cobras en Vigo
10/09/2010 - 22:00
La Fábrica de Chocolate Club
Representación de Master Class en A Coruña
10/09/2010 - 21:00
Teatro Rosalía de Castro
O humor de Noites de Retranca en A Coruña
10/09/2010 - 20:30 e 22:30
Teatro Colón Caixa Galicia
Teatro: Xerpo Cultural presenta “Actuaciencia” en O Porriño
10/09/2010 - 20:00
Centro Cultural Municipal

Enquisa

Paréceche correcto gastar 3 millóns de euros das arcas públicas na visita do Papa?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros