Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 26 de Abril de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Xa está na rúa Kosmogonías, o novo e agardado traballo dos Berrogüeto


Berrogüeto levan 15 anos en activo como formación

Definido como "unha reflexión sobre a humanidade e a súa relación co Universo", este traballo conta con importantes colaboracións como a de Manuel Rivas, Rosa Aneiros ou Olaia Sendón. Hoxe ten lugar en Santiago a presentación oficial do novo disco -o primeiro con Xabier Díaz como vocalista- e, para o primeiro concerto, haberá que agardar ata este venres, 9 de abril, en Pontevedra.

Cultura06/04/2010Autor: Ledicia Trillo

Kosmogonías é o quinto traballo de Berrogüeto, unha das bandas de música tradicional galega máis internacionais, en activo desde hai xa quince anos. Ademais, é a estrea de Xabier Díaz como vocalista da formación, cantante titular da compañía da Nova Galega de Danza, compositor, produtor e con experiencia ao lado de nomes destacados como o de Amancio Prada, Luar na Lubre ou os Cempés.

Once temas nos que se combina a composición propia con outras colaboracións, entre as que destaca a do escritor Manuel Rivas, que achega a letra dun poema propio para o tema Alalá da Noite. Ademais, Rosa Aneiros contribúe coa composición dun texto definitorio de Kosmogonías e Olaia Sendón achega unha videocreación que se presenta hoxe xunto co disco.

Trala presentación de hoxe no Centro Galego de Arte contemporánea, Berrogüetto comezará xirando con Kosmogonías en Galiza para amosar un novo espectáculo en directo que transcende máis alá do son, e supón unha experiencia na que se une a música, a danza e a imaxe.

Os principais teatros das vilas galegas son os espazos escollidos por Berrogüetto para comezar levando ao vivo o seu discurso, unha reflexión optimista sobre a relación entre a humanidade e o universo.

A xira de Presentación de Kosmogonías iniciarase nas seguintes datas e cidades:

- Pontevedra Venres, 9 de abril no Pazo da Cultura
- Vigo Xoves, 15 de abril no Teatro García Barbón
- A Coruña Domingo, 18 de abril no Teatro Rosalía de Castro
- Madrid Domingo, 25 de abril na Sala Caracol
- Zaragoza Martes, 27 de abril no Teatro Principal
- Ferrol Luns, 17 de maio no Teatro Jofre
- Lugo Xoves 20 maio no Auditorio Gustavo Freire
- Ourense Martes, 22 de xuño no Auditorio Municipal

As entradas para os concertos de Pontevedra, Vigo, A Coruña, Zaragora ou Ourense, están dispoñibles na páxina web de Berrogüeto.


Comentarios:
31/03/2011 - Hardy Mens. Hardy Mems ()
These cheap designer handbags are not your dime store replica watches, instead they are best designer handbags hat our Montblanc brand replicas are very high qu
19/05/2011 - france watches. france watches (france watches)
ptible monopoly evolving to 30 meters of water. The stopwatch guess watches comes obscure a 2-year warranty thanks to atom weird accidents gucci watches for
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?

Últimas descargas MPEG audio