Publicidade 100% galegas
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2013
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Salustiano Mato defende que a ciencia debe ser accesible a toda a sociedade


O recén elexido reitor de Vigo, Salustiano Mato

O actual reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, destacaba hai un ano que a ciencia "representa unha forma de cultura" á que "debe acceder calquera persoa sexa cal sexa a súa idade ou condición de traballo", no marco dunha xornada técnica celebrada na sé do Consello da Cultura Galega de Santiago.

Sociedade23/05/2010Autor: Alberto González Chao

Preto de 100 técnicos especializados en divulgación científica de museos, asociacións empresariais ou fundacións sen ánimo de lucro, analizaron en maio do 2009 as novas posibilidades e formatos que ofrece este ámbito de actuación para "achegar" os avances da ciencia e do sector de I+D+i "á maioría dos ciudadáns", co obxectivo de trasladar a súa importancia na sociedade actual. Durante a súa intervención, o director do departamento autonómico avogou pola "necesidade" de trasladar ao tecido social que "a ciencia e a cultura non son un luxo" que "parece que non se poden permitir", senon que, na su opinión, "detrás dela se atopa o progreso e a capacidade para vivir mellor". Neste sentido, recordou que "en época de crise" resultará "totalmente trascendental" que "os que se entregan a esta labor" e "están convencidos da súa importancia" incidan en "maximizar o valor dos formatos para chegar a todo tipo de xente". Por iso, Salustiano Mato describiu a xornada de divulgación científica como "un obradoiro" no que "se intercambien experiencias, apoios e ideas" para "xerar alianzas" para "proxectos de futuro" e "baixo a idea de intelixencia colectiva". Pola súa parte, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, que tamén participou na xornada, apostou por unha "combinación de ciencia e cultura non excluinte" senón "integradora" para a "creación dun estado de opinión favorable na sociedade actual" e aclarou que o seu departamento "traballa nesta dirección".


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Quen son os culpabeis da crise económica?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros