Publicidade 100% galegas
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 24 de Maio de 2013
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A Escola de Tae kwon-Do de Vilalba faise cunha prata e un bronce no Campionato Galego Cadete


Janice López no podium do Campionato Galego Cadete

A participación da Escola de Tae Kwon-Do Moo Duk Kwan de Vilalba no Campionato Galego Cadete celebrado pola Federación desta arte marcial en Moaña (Pontevedra) saldouse con dúas mellas. Janice López Castelo obtivo unha prata en menos de 37 quilos, e Javier Montes Carracedo un bronce en menos de 57.

Sociedade04/03/2009Autor: Pablo Durán

A escola dirixida por Javier Montes levou a tres loitadores á vila do Morrazo. O primeiro en saír ao tatami foi David Asende. O chairego non puido pasar da primeira rolda. O seu combate contra o representante do Ximnasio Natural Sport de Riveira caracterizouse pola igualdade, xa que rematou en empate tanto no combate inicial como na rolda extra. Foron os árbitros os que tiveron que elixir e optaron, finalmente, polo riveirense.

A primeira presea chegou da man de Javier Montes Carracedo que, a pesar de caer nas semifinais de menos de 57 quilogramos co futuro campión, logrou vencer na loita polo terceiro posto.

O mellor dos cualificados foi Janice López Castelo, que acadou a prata en menos de 37 quilos feminino. López comezou a súa participación contra o Natural Sport de Riveira. Tras a súa vitoria, a seguinte rival foi a representante do Area de Vigo. López levou sempre a iniciativa no tatami moañés e conseguiu pasar á final, onde perdeu contra outra deportista do Area, a pesar de dominar os dous primeiros asaltos. Un ataque desafortunado e a falta de concentración levouna á derrota final, o que non borrou o seu gran papel no Galego Cadete.


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Quen son os culpabeis da crise económica?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros