Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

As lámpadas de baixo consumo duran até 8 veces máis que as tradicionais


As solucións eficientes para reducir o consumo enerxético das lámpadas e os electrodomésticos centran unha nova entrega do espazo Efecto Dinamo. O programa recollerá as voces de empresarios, ecoloxistas, asociacións de consumidores e representantes institucionais.

Sociedade03/06/2010Autor: Redacción

A iluminación representa a quinta parte do consumo eléctrico dun fogar. As lámpadas tradicionais, as de filamento, considéranse ineficientes porque desperdician parte da enerxía que utilizan: só converten en luz o 15 por cento da electricidade que consomen, o resto é calor. Pola contra, os dispositivos de baixo consumo xeran a mesma iluminación cun 80% menos de gasto eléctrico e, ademais, duran entre 6 e 8 veces máis que as lámpadas incandescentes.

En canto aos electrodomésticos, hai pequenos trucos de uso que poden supor un importante aforro. Por exemplo, non introducir alimentos quentes no frigorífico ou no conxelador, utilizar cazos de maior tamaño que as placas da cociña eléctrica ou cociñar con potas a presión. Pero, sobre todo, o máis produtivo é apostar polos aparellos eficientes.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros