Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Os residuos aumentaron no Estado nun 42% durante a última década


Aínda que a normativa europea obriga aos estados comunitarios á redución dos residuos, en España aumentaron no últimos dez anos nun 42%, segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente. É unha das cifras que alertan sobre as actuais política da xestión de lixo e que se recollen no programa Efecto Dinamo.

Sociedade10/06/2010Autor: Redacción

En España, máis da metade das bolsas de plástico nin se reciclan, nin se recuperan. Acaban en vertedoiros ou incineradoras, a pesar de que o Plan Nacional de Residuos de 2000 prevía rematar con máis de 4000 vertedoiros irregulares. Malia que a estas alturas terían que estar selados e clausurados, aínda hai municipios que verten os seus lixos sen reciclar e sen separar. Estas, e outras denuncias recóllense no espazo Efecto Dinamo. Trátase dunha iniciativa europea á que se sumaron 300 emisoras de sete países, entre elas as Emisoras Municipais Galegas. Pódese descargar de esta web ou escoitar o venres no marco do magazine Arredor de nós.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros