Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 25 de Septembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A vida das mulleres na obra de Jane Austen


Anxos García e Noel Blanco

Gustaríanos entrevistar á célebre novelista Jane Austen e falar con ela sen apuro unha longa tarde de verán con té e pastas, ou, se cadra, dando un paseo por un sombreado camiño veciñal. Faríamoslle preguntas aparentemente inocentes pero con segundas intencións para que ela, co seu inimitábel estilo irónico, nos fose mostrando as súas opinións acerca da ríxida separación entre o mundo privado e o público, do confinamento das mulleres no ámbito doméstico,...

Sociedade20/09/2014Autor: Redacción

Preguntaríamoslle sobre a educación das féminas para o intrascendente, dos problemas sociais e económicos que tiña que afrontar unha muller da época para defender a súa opción de non casar, da íntima relación entre o matrimonio e o patrimonio, e, de paso, provocar os seus comentarios inxeniosos e punzantes acerca da veciñanza, esas tres ou catro familias nunha pequena vila rural coas que foi quen de crear un fascinate mundo literario. Trátase, claro, dun desexo que non será posíbel, polo menos directamente, posto que Jane Austen morreu en 1817 aos 42 anos. Temos, iso si, a posibilidade de dialogar apaixonadamente coa súa literatura e descubrir nela auténticos tesouros presentados con tanta intelixencia como aparente sinxeleza. Noel Blanco Mourelle e Anxos García Fonte reuníronse nos estudios de Radio Fene (Radiofusión) para compartir cos oíntes o pracer pola boa literatura arredor da obra de Jane Austen.


Conversa de Anxos García Fonte e Noel Blanco
Sobre a obra de Jane Austen
Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros