Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Soutomaior pon en marcha o II Certame de Relatos Eróticos


A Concellaría da Muller do Concello de Soutomaior, a través do Centro de Información á Muller (CIM), vén de convocar o II Concurso de Relatos Eróticos. Un concurso que ten por obxectivo promover a educación e a saúde afectivo sexual e favorecer a eliminación de tabús e estereotipos sexistas no eido do erotismo e a sexualidade. Os interesados en participar no certame deberán enviar ao CIM. persoalmente ou a través de correo certificado, un máximo de dous textos orixinais, inéditos e escritos en galego cunha extensión máxima de 600 palabras sen contar o título. É indispensable ser maior de idade, ser galego de nacemento, residir ou traballar en Galicia. O prazo para participar está aberto ata o 15 de outubro e o xurado valorará os relatos que recollan actitudes e valores igualitarios entre homes e mulleres e a ruptura de estereotipos sexistas. O gañador gozará dunha estancia para dúas persoas no Castelo de Soutomaior en réxime de media pensión.

Sociedade16/08/2010Autor: Redacción

Segundo comentou en Radiofusión a responsable do CIM, Cristina García, na primeira edición a participación foi escasa, aínda que os textos sorprenderon pola súa calidade.

O certame enmárcase nas actividades do Plan de Igualdade promovido polo Concello de Soutomaior, onde tamén se inclúen uns talleres de “meeting-sex” que o CIM agarda pór en marcha para o outono. Os obradoiros están dirixidos principalmente á poboación feminina do municipio e abordarán cuestións como os cambios biofisiolóxicos, a fisioloxía do pracer, o desexo, os afectos e a atracción ou o amor e a saúde.

Todos os interesados do concello en inscribirse poden chamar ao 986 70 12 27 ou acudir ao CIM, situado no Multiusos de Arcade.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros