Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 22 de Xullo de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

30 anos de Andaina


Nanina Santos nos estudos de Ames Radio

Andaina, revista de pensamento feminista, cumpre 30 anos. A pesar das dificultades económicas queren continuar editando tres números ao ano, da publicación en papel. Na Gentalha do Pichel celebraron unha cea - festa - poxa de diferentes libros e publicacións doados e asinados polas súas autoras. Aproveitamos a ocasión para rescatar un artigo e entrevista realizado no 2010 por Anxos García Fonte a Nanina Santos, unha das impulsoras da revista rebelde.

Sociedade13/01/2013Autor: Autora: Anxos García Fonte

Pedímoslle a Nanina Santos Castroviejo (A Notaria, Padrende, Ourense 1951) que seleccionara algúns dos lemas do movemento feminista galego para falarmos da súa historia e do contexto en que se desenvolveu. Frases con chispa e moito miolo como “Manolo, a cea a fas tí solo” remítennos, por exemplo, ás protestas nos estaleiros ferroláns pola reconversión industrial de mediados dos oitenta e á alarma que cundía entre os traballadores varóns cando volvían á casa despois dunha xornada de loita e atopaban a cociña sen lume; as súas mulleres tamén participaran nas manifestacións da rúa e non os atendían tal e como estaban afeitos.

Ás veces os lemas feministas chegaron a facerse realidade e hoxe parécenos impensábel que unha muller puidese ir ao cárcere por un delicto de adulterio, como Nanina nos  lembra que aconteceu en 1976, aquí en Galicia, non en calquera lugar remoto de costumes atávicos. Porque trinta e cinco anos de feminismo non son tantos... pero son moitos.


Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?

Últimas descargas MPEG audio