Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

200 novos socios e socias contra o infanticidio feminino en Salem


Implicadas quere continuar a loita contra o infanticidio feminino en Salem

A ONG Implicadas no Desenvolvemento presentou en Santiago a súa campaña 1 de 200, a continuación da súa loita contra o fenómeno do infanticidio feminino en Salem, no sur da India, traballo que dende 2007 contribuíu a que máis de 900 nenas non perdesen a vida, ademais de mellorar as condicións de vida de máis de 10.000 mulleres. A organización precisa agora 200 novos socios e socias para poder continuar con este traballo.

Sociedade06/10/2010Autor: Iván Fernández

O acto de presentación contou coa presenza do actor Luís Tosar, que se fixo socio da ONG durante a rolda de prensa e que posteriormente animou á cidadanía a que se fixera socia, acompañando a Implicadas como un voluntario máis.

Implicadas presentará esta campaña nunha cidade diferente cada mes, ademais de desenvolver actividades paralelas que darán comezo no mes de outubro e que continuarán ata xuño de 2011: a noite de música e palabra solidaria “Implícate!”, a exposición “Os meus ollos, as túas mans”, e a actividade con centros de ensino “200 Palabras”, son algunhas delas.

Todos os que queiran asociarse a Implicadas nesta campaña tan só deberán abonar unha cota mensual de 12 euros, e darse de alta previamente a través do formulario da súa páxina web, www.implicadas.com


Comentarios:
07/10/2010 - Non se escoita o audio. Bandarrita ()
Non consigo escoitar o audio das declaracións de Luís e gustaríame moito poder oír as súas propias palabras.
07/10/2010 - ff. ff (ss)
Agora xa vai o audio de Luis Tosar
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros