Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 03 de Septembro de 2010
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Os enxeñeiros informáticos maniféstanse na Coruña para reivindicar a regularización da profesión


Cartel de convocatoria da manifestación

Os enxeñeiros en informática sairán de novo nesta xornada á rúa para solicitar a regulación das súas competencias. A manifestación -que reunirá a estudantes, profesores e profesionais deste ámbito- partirá ás doce do mediodía do campus coruñés de Elviña e finalizará ao redor das dúas da tarde na Praza de Ourense.

Sociedade17/03/2009Autor: Elena Dopico

A Plataforma Galega para a Defensa das Enxeñarías en Informática reclama con esta mobilización a regulación do sector en dúas vertentes: a académica e a profesional. Con respecto á primeira das reivindicacións, os manifestantes solicitan que se establezan oficialmente os contidos mínimos comúns dos graos en Informática que se crearán coa implantación do Espazo Europeo de Educación Superior. No eido profesional, denuncian que son a única enxeñería que carece dunhas competencias establecidas por lei. Segundo declarou nos micrófonos de Radiofusión o voceiro da Plataforma, Macías López Iglesias, esas eivas provocan que os enxeñeiros en informática se enfronten no mercado laboral a un alto grao de “intrusismo” e unha elevada precariedade.

Desde a Plataforma Galega para a Defensa das Enxeñarías en Informática confíase en que se produza a curto prazo a regulación académica, posto que as negociacións coa Administración deron xa os seus primeiros froitos. Máis escépticos amósanse arredor da regulación profesional, posto que aínda non conseguiron entrevistarse cos representantes dos Ministerios competentes na materia.


Macías López Iglesias, voceiro da Plataforma Galega para a Defensa das Enxeñarías en Informática

O representante dos manifestantes denunciou nos micrófonos de Radiofusión o alto grao de “intrusismo” que sofre a profesión.

Comentarios:
10/07/2010 - fake brelitling. replica watches (watches)
replica watches watches tag heuer
20/07/2010 - fake gucci handbags. fake handbags (fake chanel handbags)
fake handbags designer handbags fake lv
Publicidade

Axenda

Pinchada de música galega en Churruca - Vigo
04/09/2010 - 24:00
Casa de Arriba
Coanhadeira na Veiga
04/09/2010 - 23:30
Praza do Concello
XIV Festival Folclórico Baíña en Baiona
04/09/2010 - 22:00
Praza do Concello
O jazz de Aló Django en Marín
04/09/2010 - 22:00
Ache
Estreno en A Coruña do espectáculo Un corazón perfecto
04/09/2010 - 20:30
Fórum Metropolitano
The Noisers actúa en A Coruña
04/09/2010 - 19:30
FNAC (Praza de Lugo)
Concerto de La Promise Band en A Coruña
03/09/2010 - 23:30
Rocco Vip Lounge do Porto Centro Comercial
The Kanguru Project en Vigo
03/09/2010 - 22:00
Bonus Track Bar
Mitocondrias actúan en Ourense
03/09/2010 - 21:30
Café Cultural Auriense
Ghazafelhos presenta “Contos para escagarriñarse” en Cotobade
03/09/2010 - 20:00
As Boliñas - Augasantas
O reggae de Fidel Nadal en A Coruña
03/09/2010 - 19:30
FNAC
Dakidarría en Melide
03/09/2010 - 00:00
Sala 600

Enquisa

Paréceche correcto gastar 3 millóns de euros das arcas públicas na visita do Papa?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros