Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 22 de Xullo de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A FEG denuncia que a Xunta promova a contaminación electromagnética nas aulas


A Federación Ecoloxista Galega (FEG) vén de iniciar unha campaña baixo o título “Wi-Fi nas aulas? Internet mellor por cable”. Consiste no envío dun dossier informativo aos centros de ensino, asociacións de pais e nais e as seccións sindicais de ensino, ademais de solicitar unha entrevista na Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, ante a obriga no actual curso académico da conexión a internet por vía Wi-Fi nas aulas de 5º de Primaría e 1º da ESO seleccionadas para participar no Proxecto Abalar da Xunta de Galicia, que pretende informatizar as aulas. O colectivo ecoloxista afirma que a conexión sen fíos nos centros escolares obvia o “principio de precaución” proposto polo Parlamento Europeo na súa Resolución de 2 de abril de 2009.

Sociedade25/01/2011Autor: Redacción

A FEG amosa a súa inquietude polas consecuencias potenciais que o Wi-Fi pode ter para a saúde do alumnado e do persoal docente e auxiliar, ao quedar expostos de xeito continuado á contaminación electromagnética das radiacións de microondas, cos consecuentes efectos acumulativos. Emisións electromagnéticas que resolucións do Parlamento Europeo no 2008 e 2009 chaman a limitar (considerando os estándares actuais “obsoletos”) e minimizar valorando as “opcións tecnolóxicas dispoñíbeis e eficaces”, especialmente en grupos de risco como a infancia e a mocidade. Estas resolucións están baseadas no Informe Bioinititive, apoiado pola Axencia Europea de Medio Ambiente, que no 2007 demanda desinstalar o Wi-Fi dos espazos de ensino, garderías, bibliotecas, de lecer

Os ecoloxistas apostan pola conexión a Internet mediante cableado de cobre ou fibra óptica, xa que non suporía unha exposición reiterada á contaminación electromagnética, proporcionando mellor cobertura e velocidade e sen os problemas de interferencias e seguridade da información propias do Wi-Fi.

A Federación Ecoloxista Galega propón declarar os centros de ensino coma “zonas brancas” libres de contaminación electromagnética nas que prime o cableado no canto de Wi-Fi (xa recomendado en Alemaña pola súa Oficina Federal para a Protección contra as Radiacións e o propio Ministerio de Medio Ambiente), que o recinto escolar estea libre de móbiles en menores de 14 anos (xa aprobado en Francia no 2010) e que a Administración promova campañas de uso razoable deste tipo de teléfonos (na liña marcada pola Resolución do Parlamento Europeo do 2009).

A FEG tamén solicita o coñecemento público do punto no que se atopa o despregamento de sistemas Wi-Fi no Proxecto Abalar, así como dos sistemas de medición de emisións e avaliación da evolución sanitaria e académica da comunidade escolar deseñados para cada centro que manteña o sistema de conexión a Internet por Wi-Fi.



Comentarios:
27/04/2011 - gded. dsg (sadf@163.com)
at clinics, such as cancer cancer Cheap Air Jordan 22 Shoes cancer screenings, contraception and mammograms
poor women. More than 90 90
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?

Últimas descargas MPEG audio